actividades culturais

O Museo, no seu desexo de se converter nun lugar de promoción e criación cultural, organizou desde o seu início, actividades culturais que tiveron moi boa acollida por parte do público. Ademais de concertos, ciclos de cine, performances, recitais de poesia, conferencias, maratóns de lectura que contaron coa participación de diversos colectivos, colexios, institutos e particulares e que desde o ano 98 se repetiron tódolos anos, hai que destacar outras actividades relacionadas directamente coa temática das exposicións. Asi se fixeron diversas representacións teatrais. A primeira deu a coñecer a obra de Eugenio Granell “A Cámara Negra” que se estreou coa exposición “Granell e o teatro” comisariada por Javier Navarro de Zuvillaga. O grupo Minerva dirixido por Roberto Leal, Tacón Teatro por Socorro Vedo e Tangatutanga por Beatriz Bravo colaboraron na realización deste tipo de representacións nas que existe unha indiscutibel conexión entre texto e temática expositiva e nas que o cenário o constitui o propio espazo do Museu.

No ano 2000 se celebrou o Congreso Internacional de Surrealismo. Homenaxe a Eugenio Granell no que participaron importantes personalidades relacionadas co mundo da arte (profesores, críticos, artistas...). E no 2006 celebramos o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell no que especialistas en diferentes materias abordaron o estudio das diversas facetas nas que destacou este polifacético artista.

 
Praza do Toural s/n
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España
secretaria@fundacion-granell.org

HORARIO MUSEO
Horario de inverno (outubro-maio)
Martes a Venres de 11.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00h
Sábado: 11.00 a 14.00h
Domingo, Luns e Festivos: Pechado

Horario de verán (xuño-setembro)
Martes a xoves: 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h
Venres: 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h
Sábado: 11.00 a 14.00h
Domingo, luns e fetivos: Pechado


TARIFAS
Xeral: 2€
Reducida: 1€
Gratuíta: Mais información en Contactar

 

 

 © 2005-2007 Fundación Eugenio Granell . Todos os dereitos reservados.